Site icon Crónica3.com A Mariña

73 familias participan no programa de compostaxe doméstica do Concello de Cervo

Nota de prensa

Aumentan os veciños que se unen ao programa de compostaxe doméstica do Concello de Cervo

-A administración cervense entregará 15 novos composteiros entre as familias que os solicitaron

-As persoas beneficiarias recibirán indicacións e consellos sobre a súa utilización

-Con esta nova remesa serán xa 73 as familias que practicarán a compostaxe grazas a estes elementos achegados polo Concello

Cervo, 6 de marzo de 2012-O Concello de Cervo vén de recibir 15 novos composteiros que repartirá nos vindeiros días entre as familias que os solicitaron. Deste xeito, un total de 15 familias cervenses uniranse ás case 60 que xa se benefician das vantaxes do programa de compostaxe doméstica que leva a cabo o Concello dende hai uns anos. O día da entrega as persoas beneficiarias recollerán estes elementos para a compostaxe e, ademais, recibirán indicacións e consellos para a súa utilización da man dun voluntario con anos de experiencia nesta práctica.

Ata o de agora, o Concello entregou 58 composteiros ao mesmo número de familias, aos que haberá que engadir nuns días estes 15 elementos novos. Polo tanto, serán 73 as familias que practicarán a compostaxe no municipio a través destes dispositivos que facilita e financia o ente local. “Desde el Concello estamos muy implicados en el fomento y potenciación del compostaje como método de reciclaje y reutilización de los residuos por ser totalmente ecológico y beneficioso para el medio ambiente”, explica a concelleira Begoña Alonso. “Con esta última remesa de composteiros pretendemos satisfacer la creciente demanda de los vecinos”, engade a edil de Medio Ambiente”.

Ademais de entregar os composteiros de forma gratuíta, a administración cervense tamén se ocupa de comprobar a súa boa utilización e de facer un seguimento para coñecer as experiencias e as impresións das familias. De feito, a Concellería de Medio Ambiente ten previsto seguir nos próximos días coa rolda de visitas aos domicilios beneficiarios.

Todos os composteiros están elaborados con plástico reciclable apto para a compostaxe de restos orgánicos e non implican ningún gasto, nin de consumo de enerxía nin de mantemento. Ademais, cabe destacar que preto do 40% do lixo que se xera nos fogares é materia orgánica que se pode converter en compost para abonar as terras de cultivo. Nos composteiros a materia orgánica degrádase a traves dun proceso biolóxico que da lugar a ese produto con excelentes propiedades para o solo. “El aprovechamiento de estos residuos para hacer compost también reduce la cantidad de basura que depositamos en el contenedor, con lo que contribuimos a reducir los desechos que deben gestionar las plantas de tratamiento”, remata Alonso.

Exit mobile version