Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Os Aventados dará a coñecer os seus premios anuais no complexo Regal Xunqueira en Viveiro

Nota de prensa

COMUNICADO DE PRENSA OS AVENTADOS

A ASOCIACION CULTURAL MARIÑANA “OS AVENTADOS” CONVOCA PARA HOXE XOVES DIA 8 DE MARZO AS 5 DA TARDE A UNHA RODA DE PRENSA NO COMPLEXO REGALXUNQUEIRA -VIVEIRO, PARA DAR A COÑECER OS GALARDONADOS A OS PREMIOS ARDELLE O EIXO , ARDELLE O CARRO, A TODA UNHA VIDA, E Á CALIDADE DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERIA, do 2012.

Naide pode decir que non vivimos nunca terra onde se rende culto os mortos, o simple feito de morrer xa e suficiente para que aqueles que durante a vida che negaron o pan e a sal se poñan ipso facto a votar salvas e vanglorias do finado. De vivo nada de nada de morto a gloria e a posteridade, o exemplo mais flagrante témolo codia das letras galegas, o homenaxeado ten que estar morto e ben morto pois hasta dez anos despois de finalo, cando os vermes deron boa conta das súas carnes non se lle pode adicar o día das letras galegas.

Os tempos estan cambiando que decia o Dylan e e hora que nesta terra se empece a falar ben dos vivos mentres esten vivos, de esa forma daraselles un pulo para que sigan a facer cousas por a su aterra, despois de morto peras o burro de vivo e cando se pode axudar.

Por eso Os Aventados queremos instaurar, ademais da república, unhos premios anuales co nome de ARDELLE O EIXO para aquelas persoas, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran pola sua lavor social, politica, artistica, deportiva, industruial, medioambiental e de conservación do patrimonio.

Tamen. O moismo tempo se crean outros premios co nome de ARDELLE O CARRO adicados a aquelas persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran o cavo do ano pola sua nefasta xestion no ambito social, politico, artistico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.

Os premios seran en émbolos casos unhas esculturas de ceramica do compañeiro en argalladas Otero Regal, non levaran consigo ningunha gratificación economica nin lucrativa.

Os premios seran de carácter anual, e para atorgalos todolos socios de OS AVENTADOS poderan propoñer as persoas que creen merecentes dos mismos, con esas propostas un xurado nomeado pola xunta directiva escollera os galardonados.

O galardón sera entregado nunca comiola onde serán invitados os premiados.

Pd: participaran na roda de prensa Pablo Mosquera e Otero Regal

Exit mobile version