Site icon Crónica3.com A Mariña

A A.VV do Burgo de Trasbar de en Cervo, presentou o programa de actividades de marzo e abril

Nota de prensa

CALENDARIO DE ACTIVIDADES

Marzo

.Día 17: ás 16.00 h, reunión con ex alumnos de dona Isabel Molares en Trasbar. Pregámoslle que nos traian fotos ou documentación daquela época. Refrescade a memoria porque precisamos recordos e anécdotas!!!

.Fin de semana 24 e 25: recuperación de partidas atrasadas de tute e parchís. Importante poñerse de acordo entre as parellas que teñan algunha partida atrasada para xogar o sábado ou o domingo indistintamente.

.Día 31: ás 20.00 h, cea dos campionatos do tute e do parchís. Terá lugar unha cea para os inscritos nos campionatos do tute e do parchís. Farase a entrega de premios aos terceiros, segundos e primeiros clasificados. Pregamos confirmación de asistencia. Data límite para apuntarse: 25.03.2012

Abril

.Día 8: Pascua. Xantar para celebrar a Pascua. Prezo socios: 9,00 €. Prezo non socios: 12,00 €. O pago realizarase no momento da inscrición. Poden anotarse no local social de Trasbar os sábados e os domingos pola tarde. Prazo límite para inscribirse 31.03.2012

.Día 29: ás 17.00 h, homenaxe a dona Isabel Molares, mestra en Trasbar durante 13 anos. Actividade pensada en especial para antigos/as alumnos/as.

Todas as actividades terán lugar no Local social de Trasbar.

Pregamos confirmación de asistencia para cada unha das actividades.

Exit mobile version