Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG conmemora o 8 de marzo baixo o lema “as mulleres coa folga xeral, xuntas podemos”

Nota de prensa:

A CIG conmemora o 8 de marzo, día Internacional da Muller Traballadora, baixo o lema “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos”, facendo deste xeito un chamamento á movilización de tódalas mulleres contra os ataques e recortes de dereitos levados acabo polo aparato do estado.

A desigualdade e invisibilidade históricas que soportamos como mulleres increméntase debido á situación de crise económica que atavesamos, pero aínda máis, por mor das medidas que supostamente foron deseñadas para paliala.

Nun inicio polos recortes no gasto público, esto provoca un gran impacto nas mulleres dada a nosa presenza no sector público, que fai que sexamos as principais afectadas pola reducción dos salarios e a eliminación de emprego, cunha reforma laboral que precariza aínda máis as condicións de traballo abaratando o despedimento, reducindo os custos laborais, promovendo a temporalidade, desaparecendo garantías laborais, desarticulando a negociación colectiva, promovendo a temporalidade, desaparecendo garantías laborais, desarticulando a negociación colectiva, privatizando a inserción laboral, cunha reforma das pensións que agravará a feminización da pobreza e dificultará que as mulleres poidamos acceder a unhas pensións dignas, coas medidas dirixidas a mellorar a empregabilidade da mocidade, impulsando aínda mais a súa temporalidade e precarizando o emprego da mocidade a través de figuras coma o contrato lixo, coa eliminación da retroactividade para as persoas beneficiarias das axudas á dependencia, ou cunha reforma do réxime de empregadas do fogar que pese a supor un avance, é insuficiente porque non supón a aplicación do ET nin a súa inclusión ao 100% no réxime xeral con plenos dereitos, coo prestación por desemprego ou a cotización ao FOGASA.

As mulleres non nos podemos quedar caladas ante estes novos ataques, rebelámonos contra unhas medidas que o que pretenden é facernos retroceder na conquista dos nosos dereitos.

Por iso dende a CIG facemos unha chamada á participación de todas as mulleres nas MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS EN REPULSA DOS RECORTES, NA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS E NA FOLGA XERAL CONVOCADA PARA FINAIS DE MARZO, non podemos permitir que os gobernos empreguen unha vez máis a crise como coartada para legalizar ataques contra nós, porque non imos cargar sobre as nosas costas o peso da crise. A nosa loita é vosa, unha loita de clase e feminista.

Aquí na Mariña, para conmemorar este día faremos un reparto de dípticos elaborados pola Secretaria da Muller da Cig, a partir da once da mañá a pé de rúa, e por diferentes empresas da comarca.

Exit mobile version