Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia aproba unha proposta do PP sobre distribución de peixe e marisco requisados

Nota de prensa

A iniciativa da que é autor Jose Manuel Balseiro, portavoz do Mar do PPdeG, foi obxecto de dabate e votación na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia

PROSPERA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA ARTICULAR UN NOVO SISTEMA DE DISTRIBUCIÓN DE PEIXE E MARISCO ENTRE OS COMEDORES SOCIAIS E AS COCIÑAS ECONÓMICAS DE GALICIA

 A proposición non de lei insta á Xunta a facer chegar ás entidades benéficas do conxunto da comunidade os produtos pesqueiros requisados en operativos contra o furtivismo e a negociar tamén coa Unión Europea a distribución das capturas procedentes dos descartes pesqueiros.

Santiago, 23 de marzo de 2012.- O Parlamento de Galicia aprobou a iniciativa da que é autor o portavoz do Mar do PPdeG, Jose Manuel Balseiro, na que se lle pide á Xunta que articule un novo sistema de distribución, entre os comedores sociais e as cociñas económicas do conxunto da Comunidade, do peixe e marisco requisado en operativos contra o furtivismo e procedente dos descartes pesqueiros.

A proposición non de lei foi obxecto de debate e votación está mañá no seo da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, contou co voto favorable do Grupo Popular e Socialista e o voto en contra do BNG contra quen arremetu o deputado popular ao acusarlle “de prefirir tirar o peixe ao lixo ou devolvelo morto ao mar, antes de permitir que se aproveite polas entidades benéficas”

DESCARTES PESQUEIROS

Como novidade principal, a proposta busca articular un sistema para que as entidades benéficas tamén poidan aproveitar os descartes pesqueiros da flota galega. Isto é, o peixe que aínda que aparece nos aparellos de pesca, a normativa obriga a devolvelo ao mar, porque xa ten superado o límite máximo de captura desta especie.

Jose Manuel Balseiro explica que deseñar a repartición deste alimento “depende da autorización das institucións comunitarias” e, polo tanto, que “a Xunta de Galicia terá que negociar e colaborar coa Unión Europea para que se permita que estas capturas poidan permanecer abordo dos buques e poidan desembarcarse”, dúas circunstancais que hoxe están prohibidas.

COMISOS POR FURTIVISMO

O acordo insta tamén á administración autonómica a deseñanr os protocolos de actuación que se estimen necesarios para facer chegar ás entidades benéficas do conxunto da comunidade os produtos pesqueiros e marisqueiros que foron requisados en operativos contra o furtivismo polo Servizo de Gardacostas de Galicia o os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Ata o momento, só se distribuía a inmensa maioría destes alimentos comisados nos concellos do litoral, próximos á zona onde tivo lugar a súa incautación e despois de comprobar que se atopan en perfecto estado para o seu consumo. Coa nova proposta non só se ampliarán o número de entidades sociais beneficiarias, senón que ademáis este peixe e marisco chegará aos comedores sociais e cociñas económicas situadas nos concellos do interior.

DOBRE BENEFICIO

Jose Manuel Balseiro sinalou a importancia de colaborar coas entidades benéficas que están a traballar con aquelas familias que máis dificultades sufren por mor da incidencia da actual crise económica. O Grupo Popular sinalou a necesidade de ser “sensibles ante esta realidade” e articular sistemas que ofrecen un doble beneficio: evita o desaproveitamento dun peixe e marisco en perfectas condicións de consumo e “alivia a carga económica que viñan soportando estas entidades obrigadas a preparar un maior número de menús

Exit mobile version