Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira da Muller de Foz abriu un concurso “A muller traballadora nas redes sociais”

Nota de prensa:

A Delegación da Muller do Concello de Foz informa que co motivo da
celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, desde o Concello de
Foz abriuse o Concurso A Muller Traballadora nas Redes Sociais, que tiña
como obxectivo dar visibilidade á muller traballadora nas redes que tanto se
utilizan.

Así desde o día 8 ata o día 14 os comentarios asomaron no muro que o
Concello de Foz ten no seu perfil de Facebook. A idea de cubrir o noso muro
con reflexións sobre a muller traballadora foi moi ben acollida, polo que
desexamos agradecer a súa participación a todas as persoas que deixaron a
súa particular homenaxe ás mulleres traballadoras neste medio.

A persoa gañadora deste concurso resultou ser Adrián Suárez Becerra, que
recollerá o seu premio o sábado 24 de marzo, a partir das 20h. na Casa da
Cultura, durante un acto onde se proxectará de novo a filmación “FOZegos por
amor”.

Esta filmación proxectouse por primeira vez durante o Festival dos
Namorados, e debido á cantidade de xente que non puido asistir por falta de
aforo, repetimos esta proxección ante á súa demanda.

Exit mobile version