Nota de prensa
A Delegación da Muller do Concello de Foz desexa conmemorar o Día da Muller
Traballadora dando visibilidade ao traballo das mesmas nas redes sociais.
Así, convoca un concurso coas seguintes bases:
1.- Poderán participar todas as persoas maiores de 12 anos
2.- O prazo do concurso será desde o día 8 de marzo ata as 00h. do 14 de
marzo.
3.- As persoas interesadas en participar poderán facelo a través de:
-Twitter: remitir a @aytofoz un máximo de 3 tweets coa etiqueta
#MullerTraballadoraFoz a unha muller traballadora determinada ou ás mulleres
traballadoras en xeral. Posteriormente deberán enviar unha mensaxe directa a
@aytofoz indicando os seus datos persoais: nome e apelidos, idade e número
de teléfono.
-Facebook: publicar no muro do Concello de Foz (
http://facebook.com/concellodefoz)
un máximo de 3 comentarios precedidos da etiqueta #MullerTraballadoraFoz a
unha muller traballadora determinada ou ás mulleres traballadoras en xeral.
Posteriormente deberán enviar unha mensaxe privada ao perfil do Concello de
Foz indicando os seus datos persoais: nome e apelidos, idade e número de
teléfono.
4.- Os tweets e comentarios serán preferiblemente en galego.
5.- O tweet ou comentario gañador será publicado o día 16 de marzo a través
das dúas redes sociais.
6.- O premio consistirá nunha cea para dúas persoas nun restaurante de Foz.
7.- A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.