Site icon Crónica3.com A Mariña

A directora de Comercio inaugura o Encontro de Palilleiras de San Cibrao no que seis modelos lucirán Liño de Galicia

A directora xeral de Comercio inaugurará o IX Encontro de Palilleiras de San Ciprián

-A inauguración terá lugar ás 11:30 horas no pavillón de A Veiga, onde se desenvolve o multitudinario Encontro

-As modelos Paula Corral, Tania Carreira, Eva Leis, Vanesa Rocha, Alba Viqueira e a mariñá Fabiola Tuñas desfilarán coas creacións de Carmen Riveiro

seis modelos desfilarán coas creacións de Carmen Riveiro no IX Encontro de Palilleiras en San Cibrao

Cervo, 29 de marzo de 2012-A directora xeral de Comercio da Xunta, Nava Castro, será a encargada de inaugurar o IX Encontro de Palilleiras que se desenvolverá este sábado en San Ciprián. O acto terá lugar ás 11:30 horas no pavillón de A Veiga, lugar onde se concentrarán as actividades preparadas para o evento. Unha inauguración na que tamén estarán presentes o alcalde, Alfonso Villares e outros representantes do goberno local.

Ademais, existen novidades ao redor do desfile programado para as 16:30 horas e no que as modelos lucirán creacións da marca “Liño de Galicia” deseñadas por Carmen Riveiro, todas elas con encaixe elaborado con fío de liño. A axencia Dolores Couceiro xa confirmou varios nomes das modelos que amosarán os vestidos, algunhas delas con títulos de beleza como é o caso de Paula Corral, nomeada Linda de Galicia, Miss España Universitaria e Raíña de Beleza de Galicia; ou Tania Carreira, Miss Costa da Morte 2010. Ademais participarán Eva Leis, Vanesa Rocha e Alba Viqueira entre outras. O desfile tamén terá representación mariñá, coa presenza da modelo infantil Fabiola Tuñas. Un desfile que será conducido polo presentador de informativos da TVG, Alberto Mancebo.

Remitido

Exit mobile version