Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Familias continúa en Xove coa súa programación cun obradoiro

NOTA DE PRENSA.-

NOVA ACTIVIDADE DENTRO DO PROGRAMA “ESCOLA DE FAMILIAS”

Onte, mércores 21 de marzo, tivo lugar nunha aula da OMIX o obradoiro “SEXUALIDADE”, que forma parte do Programa da Escola de Familias, que está a desenvolver o Departamento Municipal de Xuventude do Concello de Xove. Este obradoiro foi impartido por Lucía Sánchez Meitín, socióloga e con especialidade en sexualidade. A esta xornada formativa asistiron un total de 15 persoas, que puideron coñecer a evolución da sexualidade dende que nacemos ata que somos adultos, os diferentes cambios físicos e psicolóxicos e a forma de abordar dudas e problemas que poidan xurdir nestas etapas.

A Escola de Familias continúa coa súa programación o próximo día 11 de abril co obradoiro “Imaxe corporal: presión do grupo e autoestima”, impartido por persoal técnico do Centro Quérote + da Xunta de Galicia.

Exit mobile version