Site icon Crónica3.com A Mariña

A escola Rural de Tempo Libre e A Mariña Sport organizan un curso homologado de monitor de tempo libre

Nota de prensa

Os vindeiros meses de Maio e Xuño vaise a celebrar na Mariña Lucense
(localidade de Foz) un curso de MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO
LIBRE (Homologado pola Conselleria de Traballo e Benestar da Xunta de
Galicia.
▪OBXECTIVO: Titular a maiores de idade coa titulación oficial homologa
de monitor de actividades de tempo libre para poder traballar en
actividades de tempo libre tales como campamentos, ludotecas,…
Ademáis daráse titulación acreditativa de Iniciación ás Técnicas
Artísticas no Tempo Libre como especialidade de Nivel I para
actividades de tempo libre que teñen que ver coas técnicas artísticas
(grupos de teatro, actividades en ludotecas, extraescolares,…etc…).
É necesario ter EXB, ESO, FP ou equivalente.
▪CONTIDOS: 200 horas.
TRONCAIS:
‐ PSICOLOXÍA
‐ DINÁMICAS DE GRUPO
‐ SOCIOLOXÍA
‐ METODOLOXÍA EDUCATIVA ( I e II)
‐ BASE EDUCATIVA A PARTIRES DO XOGO
‐ XOGOS NO TEMPO LIBRE
‐ EXPRESIÓN MUSICAL
‐ EXPRESIÓN DRAMÁTICA
‐ EXPRESIÓN PLÁSTICA
‐ EXPRESIÓN DEPORTIVA
‐ EDUCACIÓN AMBIENTAL
‐ ROTEIROS
– CAMPISMO
– ORIENTACIÓN E GPS
‐ ASPECTOS MÉDICOS NA SAÚDE
‐ ASPECTOS SOCIAIS NA SAÚDE: HÁBITOS, SEXUALIDADE.
‐ LEXISLACIÓN
‐ RECURSOS SOCIO-CULTURAIS
‐ MEDIOS AUDIOVISUAIS.
▪INSCRICIÓNS: faránse A TRAVÉS DE INTERNET:
www.escolaruraldetempolibre.com ou no Teléfono: 629 02 34 82
As prazas son limitadas, e reservaráse por orde de reserva de praza e
inscrición.
O curso está organizado pola ESCOLA RURAL DE TEMPO LIBRE e conta
coa colaboración da A.C.D.R. A MARIÑA SPORT

Exit mobile version