Nota de prensa
O seleccionador de España Sub-21, Federico Vidal Montaldo, participará no II
Encontro do Deporte Base na Mariña, o sábado 17 de marzo, baixo a
organización da Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo
na Mariña) en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de
Lugo, Concello de Burela e o CD Burela FS Pescados Rubén.
Fede Vidal (Jerez de la Frontera, 1973), que compatibiliza a dirección da sub-
21 coa preparación do combinado absoluto como segundo de Venancio López,
abrirá a cita no IES Monte Castelo de Burela cun relatorio centrado no modelo
de traballo e xogo sub-21, a partir das 10.30 horas, destinado adestradores,
monitores, deportistas e público en xeral. O seleccionador nacional continuará
o seu encontro co fútbol sala mariñán xunto á categoría cadete do Burela FS
nunha sesión práctica no pavillón Vista Alegre (12.30 horas), na que se
abordará a defensa e estratexia nas categorías de base. Xa pola tarde, o
partido da Segunda División Masculina entre o Pescados Rubén e o Oxipharma
Granada clausurará a visita do técnico na bisbarra.
Cimentos. O seleccionador da absoluta española, Venancio López,
protagonizou a primeira edición do Encontro, en xaneiro de 2011, facendo un
percorrido pola actualidade do fútbol sala, a estrutura dos clubs e a realidade
do fútbol sala feminino de elite