Site icon Crónica3.com A Mariña

A IX Copa de Bolos Concello de Xove pechou a tempada

NOTA DE PRENSA.-

REMATOU A TEMPORADA DE BOLOS E XOVE COA CELEBRACIÓN DA IXª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE”
O pasado sábado 24 DE MARZO tivo lugar na Bolera do Centro Social de Sumoas a IXª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE”, competición coa que a Concellería de Deportes do Concello puxo punto final a temporada 2011-2012 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.
A copa de bolos comezouse a celebrar no 2004 na Bolera do Centro Social de Lago, polo que ímos rotando a sé desta competición final, seguindo a mesma ruta da Liga anual. Segundo isto, a vindeira Copa (na súa Xª edición) deberá celebrarse no Centro Social de Lago.
Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada, dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional.

En total disputaron a copa 24 xogadores na categoría masculina e 10 xogadoras na categoría feminina.

O cadro final de vencedores desta COPA DE BOLOS, quedou da seguinte maneira:

IXª COPA DE BOLOS – CATEGORÍA MASCULINA (XOGADORES DA LIGA SENIOR E DA LIGA SUB 16)
CAMPIONS: parella formada por AUGUSTO ALBO OCAMPO E MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
SUBCAMPIONS: parella formada por SÓCRATES CAMPO SUÁREZ E MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
TERCEIROS: parella formada por JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ E ADÁN RODRÍGUEZ ROCA

IIª COPA DE BOLOS – CATEGORÍA FEMININA (XOGADORAS DA LIGA SENIOR E DA LIGA SUB 16)
CAMPIONAS: parella formada por BELÉN MEITÍN ROUCO E SALÓMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ.
SUBCAMPIONAS: parella formada por CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ E LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ
TERCEIROS: parella formada por CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA E MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ

Tódos eles recibiron trofeos de mans do Alcalde Demetrio Salgueiro e da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias.

Remitido

Exit mobile version