Site icon Crónica3.com A Mariña

A Liga Nacional de Billarda presenta o dvd “Zënzar ao vivo” no Bar Nevada de Ribadeo

Nota de prensa

A LIGA NACIONAL DE BILLARDA PRESENTA O DVD “ZËNZAR AO VIVO”
Este venres día 23 a partir das 20 horas, no Bar Nevada de Ribadeo, na rúa Ramón González proxectarase o DVD dunha das bandas máis potentes do rock galego: Zënzar. Este DVD, “Zenzar ao vivo” foi gravado en directo durante o 2009.
Os de Cerceda levan máis de vinte anos nos escenarios e prometen máis espectáculo xa que para o vindeiro mes de maio sairá a venta un novo disco “Vaise armar”.
Zënzar xa ven de colaborar coa Liga Nacional de Billarda ao aportar un tema para o dobre cd “República Billarda” que saiu á luz a finais do pasado ano.
Asimesmo, proxectaranse vídeos pertencentes á televisión oficial da Liga Nacional de Billarda, Tele-Varal, gravados durante xornadas de liga ou ben para promocionar as mesmas.

Exit mobile version