Site icon Crónica3.com A Mariña

A Unión Comarcal da CIG acometerá unha intensa campaña de convocatoria da Folga Xeral

Nota de prensa

ASUNTO: CAMPAÑA PREPARACIÓN FOLGA XERAL

A Unión Comarcal da CIG acordou levar a cabo unha intensa campaña de convocatoria da Folga Xeral convocada para o vindeiro 29 de Marzo. Con esta campaña pretendemos chegar ao maior sector poboacional posíbel para explicarle as consecuencias que a reforma Laboral vai ter non só no eido laboral senón tamén social e económico.

Nesta liña faremos actos informativos nas vilas máis importantes de toda a provincia: Lugo, Sarria, Chantada, Vilalba, Outeiro de Rei, Meira, O Corgo, Mondoñedo e Burela. A estes actos hai que sumar os xa feitos en Viveiro, Foz, Ribadeo, Guitiriz e Monforte.

A maiores faremos tamén repartos de propaganda en distintos puntos da cidade de Lugo así como en deteminados eventos da provincia como a feira de Meira ou a Feira do Queixo de Friol. Tamén desde a CIG Mocidade procederán a debuxar distintos murais en Lugo como nalgunha outra vila da Provincia.

Entendemos que a refoma laboral non só vai producir efectos negativos sobre a clase traballadora senón tamén vai a supor un importante lastre para pequenas empresas e o comercio e a Hostelería, por certo sectores básicos na economía da provincia, polo que tamén intetaremos chegar ás mesmas para conciencialas do problema.

Por suposto esta campaña social vai acompañada dunha intensa campaña nos centros de traballo co obxectivo de que a Folga Xeral sexa un éxito e marque un punto de partida de oposición ás políticas económicas e sociais do Partido Popular.

Exit mobile version