Site icon Crónica3.com A Mariña

A vindeira semana comezarán dous novos cursos de informáticas en Burela

Nota de prensa:

2 NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA COMEZARÁN NA VINDEIRA SEMANA NO CONCELLO DE BURELA

Burela, 6 de marzo de 2012. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá novos cursos de alfabetización dixital impartidos polo Concello de Burela.
Na semana que vai do 12 ao 18 de marzo, comezarán dous novos cursos de alfabetización dixital no Concello de Burela. Os dous cursos iniciaranse o vindeiro día 13.
O primeiro deles, o curso de “Alfabetización dixital: Follas de Cálculo”, impartirase en horario de 11:00 a 12:30 horas e rematará o día 22 de marzo.
Esta actividade vai dirixida a persoas cuns coñecementos básicos en informática e, con el, aprenderán a facer todo tipo de contas no ordenador co pograma libre “Calc” incluído na suite ofimática “LibreOffice”.
O segundo curso que se iniciará na próxima semana será o de “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”, o cal impartirase en horario de 16:00 a 17:00 horas e finalizará o día 2 de abril.
Con esta actividade preténdese dotar, aos asistentes, das destrezas necesarias para manexar un computador dun xeito básico e sinxelo. Os participantes darán os seus primeiros pasos coas ventás, aprenderán a crear carpetas e documentos, coñecerán como mover elementos dunha carpeta a outra, etc…
Este curso de iniciación está dirixido a persoas sen coñecementos de informática.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version