Site icon Crónica3.com A Mariña

A voceira do PP na Deputación de Lugo mostra a súa preocupación pola política do ente provincial

Nota de prensa

Elena Candia: “Caradura e pouca vergonza é a que ten o señor Valiño, que ao único ao que se adica é a facer unha política baseada na mentira”

Lugo, 5-3-2012.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, mostrou a súa preocupación pola política da falacia que continúa a seguir o deputado socialista, Juan José Díaz Valiño ao afirmar que o goberno da Deputación non marxina a Concellos do PP.

“Ainda non lle debeu chegar con andar enganando aos cidadáns asegurando que o antigo xeriátrico de San Rafael, en Castro Riberas de Lea, contaba con un sistema de videovixilancia (algo que tivo que desmentir días despois), que arestora ben con outra das súas: con que o goberno da Deputación non marxina aos concellos do PP”-afirma a voceira do PP na Deputación Elena Candia

Candia asegura que caradura tena o señor Valiño, que no único no que se basa e os seus únicos argumentos, non son outros que as mentiras e enganos aos cidadáns. A voceira dos populares na Deputación asegura que pouca evolución houbo na Deputación lucense xa que “se un se pon a analizar os alcantarillados e saneamentos non Concellos da provincia un non perde a conta”

Lembra Elena Candia que o obxectivo primordial dunha Deputación é velar por tódolos Concellos, algo que sí fan as Deputacións das demáis provincias galegas agás a lucense, que o seu único obxectivo é mirar polos concellos da súa cor política, excluíndo aos demáis.

No tocante ao departamento de recaudación da Deputación, do que tanto presume Valiño, Elena Candia asegura que sí existe este plan, pero é un servizo polo que o organismo provincial cobra unha porcentaxe.

Elena Candia tamén arremete contra Valiño cando fala de que “o que quere a xente é un posto de traballo”. Asegura Candia que “a boas horas fala este señor de postos de traballo cando foi o seu partido o que nos levou a esta situación e ten que ser agora o partido popular o que arranxe toda esta herdanza envelenada”

Exit mobile version