Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Galicia adxudica ás Fillas do Divino Celo – Rogacionistas o novo centro de menores de Burela

Nota de prensa

La Xunta de Galicia adxudica ás Fillas do Divino Celo – Rogacionistas o novo centro de menores de Burela.

A Conselleira de Traballo e Benestar ben de adxudicar ás Fillas do Divino Celo – Rogacinistas o novo centro residencial de menores de Burela. Este novo recurso é un forgar funcional de oito prazas que atenderá a nenos/as e xoves que se atopen en garda ou tutela pública pola Xunta. Este novo recurso ven complementar a rede asistencial de centros e programas de protección á infancia da provincia de Lugo. A posta en marcha deste recurso ben cubrir a falta de recursos que presentaba A Mariña, o que provocaba que ante a necesidade urxente de protección para nenos/as ou xoves tivesen que ser trasladados a Lugo ou ao sur da provincia, xa que o único centro que existía na Mariña, Inmaculada Nena de Viveiro, non era suficiente. Con este novo recurso evitarase e tamén se facilitará a intervención coas familias ao atoparse mais preto da orixe dos menores. A Consellería tamén tivo en conta a situación xeográfica e dotacional de Burela, onde están radicados servizos complementarios a este recurso como o Hospital da Costa, Unidade de Atención Temprana, Unidade de Saúde Mental, UMAD, etc.

As Relixiosas Fillas do Divino Celo – Rogacionistas crearán este novo centro, que se chamará Casa de Familia San Aníbal, nunhas novas instalacións integradas nun edificio residencial no centro de Burela. Esperan que a súa posta en marcha poida producirse antes de dous meses, unha vez finalizados os permisos e unhas pequenas obras de adaptación de normativa de accesibilidade e seguridade. Este novo centro contará con 220 m2 útiles e resulta da unión de tres pisos. Coa posta en marcha deste recurso tamén se crearán 5 postos novos de traballo, que serán reforzados co persoal que xa conta a Entidade en Burela.

No equipamento deste novo centro, cunha inversión superior aos 50.000 €, as Fillas do Divino Celo, priman ás empresas locais para adxudicar o seu equipamento.

Con este novo recurso as Fillas do Divino Celo – Rogacionistas contarán con tres centro sociais, o Centro de Día de Menores San Aníbal, o Centro de Acollida e Inclusión Social María Nazarena (para mulleres con nenos ao seu cargo) e o novo recurso, a Casa de Familia San Aníbal. Esta Congregación ben traballando na vila de Burela desde fai 10 anos en que abriu o seu primeiro recurso

Exit mobile version