Nota de prensa
MAIS AUSTERIDADE = MENOS CALIDADE ASISTENCIAL
A XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA NORTE DE LUGO, quere unha vez mais, denunciar publicamente a escaseza de persoal con que está a funcionar o Hospital da Costa.
Pasamos dunha época recente, ano 2009, no que se esgotaban as listas de contratación, ao día de hoxe no que tan só traballan as 5 ou 6 primeiras das listas da nosa área. Non só hai paro no ladrillo, moitas de esas traballadoras e traballadores que antes traballaban no noso Hospital, pasaron agora a engrosar as listas do paro, e outras, “as mais afortunadas”, subsisten con unha penosidade laboral nunca vista na empresa privada, facéndoselle contratos de luns a venres e o fin de semana como descansan, para que se van a contratar?, utilízanse masivamente contratos de 1 día e incluso por 3,5 horas, acadando a precariedade máxima posible na contratación. Todo isto implica mais pobreza para a Mariña, se estes profesionais da saúde non traballan, non teñen cartos que gastar rompendo así a cadea de consumo. Velaquí as medidas que o goberno do PP aplica para acabar co desemprego e coa crise.
A estes traballadores e traballadoras, o Goberno da Xunta os denomina a través dos medios de comunicación como “privilexiados”.
A comezos do ano 2011, o Xerente do Hospital da Costa, José Insua Pernas, mediante declaracións de prensa dicíanos que “o Hospital necesita unha ampliación e ter mais plantilla”. Un ano despois a realidade é ben distinta, a dotación da plantilla segue a ser a mesma pero non cubre as súas ausencias, baixas por enfermidade, vacacións, reducións de xornadas, etc, e reforzos que se mantiñan por riba de plantilla para aliviar a carga de traballo en certos servizos, desaparecen, convertendo o número de traballadores que nos dicía ía aumentar o que fose necesario, nun numero real inferior á plantilla orzamentada.
¿ E que pasa coa calidade asistencial da Mariña?, ó reducir as plantillas por debaixo de mínimos, os profesionais vense desbordados, sobrecargados de traballo e obrigados a establecer prioridades tendo que prescindir de certos coidados, mermando deste xeito a calidade asistencial dos pacientes. O eixo da saúde pública deixa de ser o doente e pasa a ser o aforro. A sanidade pública deteriórase por falta de Recursos económicos e humanos mentres o Goberno da Xunta desvía cada ano partidas económicas maiores destinadas o crecemento das privadas concertadas.
Dende a Xunta de Persoal esiximos o Xerente do Hospital da Costa a cobertura de todo o persoal e que defenda na Mariña e diante da Consellería de Sanidade a calidade asistencial e a sanidade pública.