Site icon Crónica3.com A Mariña

Aarón Fraga e Andrés Míguez do Burela FS defenderán a selección galega no Campionato de España

Nota de prensa

AARÓN FRAGA E ANDRÉS MÍGUEZ DEFENDERÁN A GALEGA EN LOGROÑO (8-11 DE MARZO)

Os xuvenís burelistas Aarón Fraga e Andrés Míguez defenderán finalmente a Galega no Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-19 que se desenvolverá esta semana en Logroño, coincidindo coa XXIII Copa de España 2012. A expedición irmandiña, que realizou onte o último adestramento no pavillón compostelán de Roxos, partirá con rumbo á cidade rioxana o xoves, baixo a batuta de Santiago Valladares.

Madrid e Murcia serán os rivais da Selección Galega entre o venres e o sábado, no pavillón Lobete. O domingo a Palacio dos Deportes acollerá a final.

Xunto ao Burela FS Pescados Rubén, tamén estarán representados na convocatoria sub-19 o Autos Lobelle FS (Gonzalo Alonso, David Pazos e Mario García), Azkar Lugo FS (Alejandro Diz, Adrián González e Diego Núñez), Melide FS (Javier Mosteiro), IES Coruxo (Andrés Pinilla), Bueu FS (Mauro Álvarez) e Cidade de Viveiro (Miguel Louzao).

Xoves 8 de marzo: Xornada 1ª (pavillón municipal de Lobete)

11:30 horas: Melilla-Andalucía

13:30 horas: Madrid-Murcia

Venres 9 de marzo: Xornada 2ª (pavillón municipal de Lobete)

11:30 horas: Perdedor Melilla-Andalucía vs Valencia

13:30 horas: Perdedor Madrid-Murcia vs Galicia

Sábado 10 de marzo: Xornada 3ª (pavillón municipal de Lobete)

11:30 horas: Gañador Melilla-Andalucía vs Valencia

13:30 horas: Gañador Madrid-Murcia vs Galicia

Domingo 11 de marzo: FINAL

12.00 horas: Palacio dos Deportes da Rioxa

Exit mobile version