Site icon Crónica3.com A Mariña

Afiliados do PP explican o PXOM de Burela polos barrios e avalan o traballo do partido e do equipo de goberno

Nota de prrensa

O PP burelés organizará reunións polos barrios para explicar o PXOM.

 Os afiliados avalan o traballo do partido e do equipo de goberno.

 Destacan a actividade da agrupación local do PP.

Burela, a 16 de marzo de 2012.- A asamblea de afiliados da agrupación local do Partido Popular de Burela refrendou onte a proposta do comité local do partido de presentar o Plano Xeral de Ordenación Municipal ós veciños en reunións a celebrar polos distintos barrios de Burela.

A intención do PP burelés é que todo o mundo coñeza as liñas xerais do PXOM, e por eso se programarán alomenos cinco reunións en outros tantos barrios de Burela. Netas exposicións farase fincapé precisamente nesas liñas xerais que interesan ó conxunto dos veciños bureleses.

Asimismo, a asamblea tamén considerou oportuno que esas reunións con veciños se usen para explicar o traballo que se está a levar a cabo tanto desde o partido coma desde o grupo de goberno.

Nese senso, os asistentes refrendaron o traballo que se está a facer nos dous ámbitos. A nivel de partido, hai que destacar a actividade da agrupación local burelesa, que celebra alomenos tres asambleas anuais cos afiliados e simpatizantes, e que desde a anterior, celebrada antes das festas de Nadal, xa celebrou catro reunións do comité local e unha reunión da comisión de coordinación interna partido-grupo municipal.

Ademais, desde o partido se lanza unha nova campaña de afiliación, co afán de captar máis militancia e poder, así, ampliar as bases da agrupación.

Finalmente, os asistentes á asamblea, unhas cincuenta persoas, ratificaron o traballo feito nestes meses polo grupo de goberno: mantemento dos servicios sociais, renovación dos contenedores de aceite, apertura de novas áreas de aparcamento, actuacións de Portos de Galicia, etc., foron algunhas das actuacións citadas, xunto coa intensa xestión que desde a alcaldía se está a levar a cabo coa Xunta e co Ministerio de Fomento para encauzar asuntos de grande interés para Burela e tamén encauzar o PXOM: reunións coa Ministra de Fomento, varios conselleiros, etc.

A primeira reunión con veciños está prevista para o vindeiro xoves día 22 de marzo ás oito da tarde no Mesón do Poeta, salvo inconvintes de última hora.

Exit mobile version