Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado de hostalería do IES de Foz visitaron a Ribeira Sacra cun técnico do Consello Regulador Ribeira Sacra

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA DOS ALUMNOS DE HOSTELERÍA DE FOZ

Este venres, os alumnos/as de Hostelería do IES de Foz visitaron a Ribeira Sacra acompañados dun técnico do Consello Regulador Ribeira Sacra.
Comenzaron o día visitando a “Adega Algueira”, onde viron a variedade de viños que traballa esta empresa que está levando premios a nivel internacional e puideron catar catro dos seus caldos. Comprobaron in situ o sistema de elaboración de viños de crianza en barrica.
Seguiron a visita no Palacio de Sober, un Cinco Estrelas Gran Luxo, onde foron recibidos polo seu director que lles mostrou as instalacións. Dentro dunha das súas salas asistiron a unha charla do Consello Regulador da Ribeira Sacra. O xantar tivo lugar no Restaurante Dona Branca, no mesmo Palacio de Sober.
Xa pola tarde voltaron a visitar outra adega, neste caso: Rectoral de Amandi, onde viron o sistema de producción de viño de xeito máis industrial.
Á volta pararon en Chantada, onde visitaron a Adega Lareu e outra pequena adega que elabora viños de xeito artesanal.
Esta viaxe foi organizada polo Departamento de Hostelería do IES de Foz para ampliar os coñecementos do alumnado dos ciclos de Servizos e Restauración.

Remitido

Exit mobile version