Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PSOE de Ribadeo que a Deputación de Lugo publicou as bases que rexerán a concesión de subvencións a comunidades veciñais, agrupacións ou asociacións de veciños

A DEPUTACIÓN DE LUGO PUBLICA AS BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DENTRO DOS PLANS DE COOPERACIÓN VECIÑAL ANO 2012

Mari Toni Loureiro Gutiérrez

Sª de Organización – Executiva da Agrupación Socialista de Ribadeo

No BOP de 27 de marzo de 2012, a Deputación de Lugo publicou as bases que rexerán a concesión de subvencións a comunidades veciñais, agrupacións ou asociacións de veciños para a realización de obras, establecemento, dotación e ampliación e mellora de servizos de interese veciñal para o ano 2012 dentro do programa de Plans de Cooperación Veciñal.

Ás actuacións que se financian, coinciden coas necesidades detectadas como prioritarias para as comunidades veciñais, son principalmente: pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, pavimentacións, rede de sumidoiros, iluminacións públicas, acondicionamento de camiños rurais, instalación de pequenos repetidores de TV, arranxo de fontes, obras de acondicionamento e arranxo de locais sociais, así como pequenas infraestruturas e adquisición de mobiliario -informático ou similar- para o funcionamento das propias comunidades veciñais, agrupacións ou asociacións de veciños, ou como complemento de áreas recreativas, deportivas e de lecer. Polo contrario, non terán cabida axudas para a adquisición de bens inmobles.

Este plan dotado cun orzamento de 2.000.000 € e en réxime de concorrencia competitiva, permite solicitar axudas ata un máximo de 12.000 € có obxectivo de facer máis obras que contribúan a mellorar a calidade de vida e as condicións de traballo da xente do rural. Este ano presenta como novidades a financiación do 100% do custe das obras que se soliciten por parte das comunidades veciñais e o ofrecemento de asesoramento técnico para a súa execución por parte deste organismo.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 30 de abril de 2012, e dende o PSdeG de Ribadeo poñemos a vosa disposición as bases da convocatoria e a documentación necesaria para acceder a subvención a través da páx web www.agrupacionpsoeribadeo.es ou contactando connosco no correo electrónico agrupacionsocialista.ribadeo@gmail.com

Tamén pode atoparse na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org

Remitido

Exit mobile version