Site icon Crónica3.com A Mariña

Arden os libros

ARDEN OS LIBROS

Un xa non pode fiarse de ninguén. Nin de quen anda miudiño, cadeira nunha man e pastillas incendiarias na outra, polas proximidades dun monte ou dunha libraría. Porque se lle pode ocorrer calquera cousa.

Hai noticias que parecen extraídas da hemeroteca ou desa sección de Efemérides que tanto gusta aos xornais con historia, se non fose porque son recentes. Souben a través do blog de Juan Cruz que unha das librarías nas que con maior frecuencia adquiro as miñas lecturas cando caio pos a Capital do reino dos Borbons, a Antonio Machado do Círculo de Bellas Artes de Madrid, foi atacada o pasado este luns por un energúmeno, canalla, pirómano, inimigo da liberdade, que aproveitou que o local estaba pechado para cometer un delito que, por sorte, non pasou a maiores.

Como denominar a quen considera que nos centenares de volumes dispostos nos estantes hai inimigos potenciais aos que debe aniquilar, aos que debe lanzar un lume purificador que remate con eles e, de paso, evite que prenda o coñecemento, a sabedoría ou o pracer que levan consigo?

O nazismo e tamén o franquismo vangloriáronse das queimas públicas de libros, aquí mesmo na Cidade do Landro, unha presa de foraxidos vestidos con camisa de mahon e disfrazados de “xente de ben” queimaron a maior parte da biblioteca da Sociedade de Obreiros Catolicos na praza de A Fonte Nova en unha mañaciña do veran do 1936. estes actos  buscaban asasinar simbolicamente os seus autores e lectores, advertir a poboación do pernicioso e perigoso de adquirilos, posuílos ou lelos, e, por riba de todo, impoñer un réxime de terror no que estivesen ausentes as liberdades de pensamento, de expresión, de discrepancia ou de debate, porque o que debía imperar era o pensamento único.

Foi inha práctica habitual durante séculos foi a queima de libros para ocultar, negar ou reprimir ideas. A humanidade perdeu moito con esta práctica que normalmente vén da man de fanáticos de algo exercendo poder sobre pensadores non tan fanáticos de nada.
É un dos tantos problemas do fanatismo, pode ser relixioso, cultural, político, pero en todos os casos o comportamento é o mesmo e o obxectivo similar, eliminar a opinión, suprimir o pensamento, impedir que alguén exprese o que pensa ou desexa crendo que deste xeito ninguén poderá pensalo.
Pero as ideas non están polos libros, os libros son a materialización dunha idea, as mesmas tamén se moven de boca en boca, nacen do espírito libre dos homes, as ideas dificilmente poidan ser queimadas.
Tamén en décadas pasadas  viviuse atentados e queima de librerías en Sevilla, Bilbao e  San Sebastián, que criamos desterrados para sempre da nosa vida cotiá. Quizais sexa un feito meramente anecdótico ou, quizais, o que resultaría preocupante, unha mostra dos tempos que corren.

Otero Regal

Exit mobile version