Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove acolle un seminario para a difudir a creación de empresas, no que participarán 22 persoas

Nota de prensa 1/2

SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CREACIÓN DE EMPRESAS: “ Atúa idea pode ser o trampolín cara a túa empresa”.

Asistirán 22 persoas, a maioría delas con ideas empresariais en distintas fases de xestación.

O SEMINARIO PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS” terá lugar o LUNS 12 de marzo na Aula de Formación do Concello de Xove, das 17:00 ás 20:00 horas.

Este seminario está organizado por BIC GALICIA en colaboración co Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

A presentación correrá a cargo do Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa.

Contidos:

 ¿Qué necesitamos para montar unha empresa?

 A persoa emprendedora: ¿cales son as motivacións que nos levan a emprender?, ¿qué dificultades atoparemos no camiño?, ¿cales son os mitos arredor da figura do emprendedor?.

 A idea: ¿cómo podemos xerar unha boa idea empresarial?, ¿cómo podemos efectuar unha primeira avaliación da nosa idea?

 O Plan de Empresa: ¿Cómo converter a miña idea en empresa? ¿qué necesidades teño e cales son os recursos ao meu alcance?

Fundamentación:

Ti tamén podes ser empresario ou empresaria ao igual que o conseguiron as persoas empresarias das que se vai a falar.

O IGAPE apoia a todas aquelas persoas que, coma ti, teñen ganas de emprender e boas ideas que deberían materializarse nun proxecto de negocio con futuro.

Neste seminario, de 3 horas de duración, descubrirás cómo xurden as ideas empresariais, cómo se poden detectar boas oportunidades de negocio e cómo converter un proxecto nunha empresa.

Coñecerás ademais de primeira man a testemuña dunha empresaria de Xove, Goreti Fernández Sánchez que contará a súa aventura empresarial: un comercio de alimentación.

¿Necesitas un impulso?. Ven e aproveita os recursos que poñemos a disposición de emprendedores coma ti.

Información: 982592001 – Departamento de emprego e desenvolvemento local.

Nota de prensa 2/2

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA UN SEMINARIO PARA PROMOVER O ESPIRITO EMPRENDEDOR E A CREACIÓN DE EMPRESAS EN XOVE

 A xornada abordará as habilidades para deseñar un proxecto empresarial ou os instrumentos e servizos de apoio que a Consellería pon ao dispor dos emprendedores

 O encontro amosará que coa motivación, o esforzo e o asesoramento axeitado, é posible desenvolver un proxecto empresarial

Lugo, 11 de marzo de 2012.- A Consellería de Economía e Industria organiza en Xove (Lugo), a través do Igape, un seminario destinado a promover o espírito emprendedor e o autoemprego. No encontro abordaranse cuestións como as nocións básicas sobre as que debe basearse un proxecto empresarial, a figura do empresario e os recursos e ferramentas que a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e de Xesgalicia pon a disposición das persoas que estean dispostas a poñer en marcha un negocio.

Durante este seminario, organizado pola Consellería de Economía e Industria, arredor da creación de empresas analizarase polo miúdo o proceso que leva desde a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia que ten a elaboración dun axeitado plan de viabilidade.

Este encontro formativo para fomentar a motivación emprendedora ten tamén entre os seus obxectivos o de difundir como se xeran as ideas empresariais, así como amosar a través de experiencias persoais de emprendedores galegos que coa motivación, o esforzo e o asesoramento axeitado, é posible desenvolver un proxecto empresarial.

Este seminario de motivación emprendedora, que se desenvolverá en colaboración co concello de Xove, terá lugar mañá luns, 12 de marzo, a partir das 17 horas na Aula municipal de formación.

Exit mobile version