Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela opta a conseguir o galardón bandeira verde 2012

Nota de prensa:

BURELA OPTA A CONSEGUIR O GALARDÓN BANDEIRA VERDE 2012. O ANO PASADO 11 CONCELLOS GALEGOS RECIBIRON ESTE DIPLOMA, PERO SÓ BURELA FOI PREMIADA EN TODAS AS CATEGORÍAS. PATRICIA LÓPEZ EIJO AGARDA REVALIDAR ESE RECOÑECEMENTO NA PRESENTE EDICIÓN.

Burela, 19 de marzo de 2012. Burela opta a conseguir o galardón Bandeira Verde 2012, segundo ven de confirmar a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.

A edil popular explicou que “o Concello remitíulle á Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI) a documentación precisa para optar ao galardón Bandeira Verde nas seguintes modalidades: residuos, limpeza e xardinería; compromiso ambiental; xestión da auga, educación ambiental e participación cidadá; consumo enerxético e contaminación”.

López Eijo sinalou que “se segue así coa traxectoria marcada desde os inicios da Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela, xa que desde 1998 Burela obtivo o galardón en todas as convocatorias, recibindo no 2003 unha mención específica por ser merecedor do mesmo durante cinco anos consecutivos”.

A concelleira de Medio Ambiente indicou que “agora cúmprese xa a décimo segunda edición de tan considerado diploma ambiental que acredita a implicación municipal na xestión medioambiental e o consumo responsable. Na súa última convocatoria recibiron o galardón once municipios galegos, si ben tan só Burela foi premiado en todas as categorías, algo que agardamos revalidar neste 2012”.

Exit mobile version