CAMBIO CLIMÁTICO
Editado pol
Sergio Alonso, focego de orixe e de corazón, un dos mais insignes persoeiros españois no campo da metereoloxía e a climatoloxía, ocupa con frecuencia as mais prestixiosas tribunas europeas, nas que deixa a impronta dos seus recoñecidos saberes e das súas investigacións.
O libro “¿Hablamos de cambio climático?,” aínda tratándose dun manual científico, resulta engaiolante para o lector, mesmo para quen nos confesamos profanos na materia, dada a claridade da exposición, a súa amenidade descriptiva e a aplicación dunha terminoloxía ó alcance de toda persoa non introducida na dialéctica científica. Esa foi a nosa experiencia coa lectura que nos resultou placenteira e que permitíunos coñecer un anaquiño mais deste fenómeno que tanto preocupa á sociedade actual.
Sergio Alonso Oroza, que conta en Foz con familiares e amigos, membro da numerosa saga descendente de Manuel Oroza, o vello sacristán entrañable da nosa nenez visita, de cando en vez, o amado pobo da súa estirpe, sempre con ledicia e fonda satisfacción, aínda que con menos frecuencia da que os seus amigos quixéramos. Parabéns.
Suso Fernández