Site icon Crónica3.com A Mariña

Causa Galiza pon a disposición o documento a debate no Plenario Nacional

Nota de prensa

Causa Galiza disponibiliza o documento a debate no Plenario Nacional

O próximo 25 de Marzo, en Compostela, terá lugar o Plenario Nacional de Causa Galiza. A rede de soberanistas e independentistas desenvolverá un debate previo nas asembleas comarcais que serán convocadas nestas semanas. Disponibilizamos no noso web o documento a debate co fin de extender a reflexión, o debate e o contraste de ideas a un maior número de galegos e galegas.

Resituar a iniciativa no novo tempo político

O Plenario Nacional de Causa Galiza abordará a actual conxuntura política, social e económica: o esgotamento do estatutismo e o inicio de procesos de recentralización, a crise política, económica e social que atravesa o estado español ou a articulación do espazo sociopolítico soberanista e independentista.

Este proceso asemblear pretende realizar unha foto da actual situación que vive a Galiza e as clases traballadoras e as evolucións que se están a dar no campo nacionalista. Neste sentido abordaremos as liñas de traballo e iniciativas para avanzarmos cara a soberanía política e económica

Exit mobile version