CAXIGUEIRO NO GAIÁS
Os artífices do interesante e novidoso proxecto son Daniel Rubal, “Caxigueiro”, recoñecido e premiado escultor-ceramista, mindoniense de nación, afincado na focega parroquia de San Martño. Alí, á beira do Centiño, á sombra das pedras mais que milenarias da pérola histórica e artística que é a basílica, en paraxe bucólico, ten o artista o fogar e o obradorio no que, virxiliano e pacifista, a súa sensibilidade de creador, a través do barro, o ferro e a poesía, expresa os sentimentos, sempre de fondo contido
Compañeiro na experiencia pioneira é o poeta e pintor Baldo Ramos, nado na Celanova “dos poetas”, que moi xove comezou a escribir poesía; ten recibidos numerosos premios e publicados unha ducia de libros. Pinta dende hai 20 anos e conta con diversos galardóns.
Na compaña duns amigos visitamos a Cidade da Cultura. Confesamos que nos impresionou: pola súa magnitude, pola armonía e o respeto das edificacións co entorno natural, pola luz e o deseño das espaciosas estancias, pola fermosisima pedra que locen os seus muros etc. e produciunos unha singular complacencia contemplar en marco tan selecto, case que maxestuoso, instalada en lugar prominente do mesmo, da que se editou un pulcro e coidado catálogo, a exposición que comparte o noso veciño e amigo, cuxo prestixio traspasa fronteiras pois, próximamente, amosará a súa obra en Zaragoza. Os nosos parabéns.
Suso Fernández