Site icon Crónica3.com A Mariña

CC.OO e UGT manifestáronse en Burela contra a reforma laboral, o movemento 15M en Ribadeo e a CIG en Foz

A Mariña acolleu tres concentracións contra a reforma laboral imposta polo Goberno do estado. Burela, Foz e Ribadeo foron as localidades elixidas polas distintas forzas sindicais. Así a CIG elixiu Foz para manifestar o seu rexeitamento a reforma laboral, CC.OO e UGT manifestáronse en Burela e a plataforma cidadá do movimento15M en Ribadeo.

Na manifestación convocada pola CIG participou un elevado número de persoas que ao seu paso pola Avenida da Mariña ían coreando slogans do tipo “Non faltan cartos, sobran ladróns”, “Se isto non se amaña, caña caña caña, se isto non se arregla, guerra guerra guerra” , “Queremos traballar e non emigrar”, “Traballo digno na nosa terra” e outras.

A anormal presencia de coches da Garda Civil destacou na xornada de protesta durante a que non se produciron incidentes salientables

Referencia

O 20% dos traballadores da Deputación secunda a folga xeral contra a Reforma Laboral imposta polo Goberno Central

– Esta porcentaxe, que representa a uns 100 traballadores, é moi superior á acadada en xaneiro de 2011 onde o 1,7% do persoal provincial, 9 persoas, se sumaron á convocatoria

– 30 alumnos da EIS gardaron un minuto de silencio en repulsa “da defunción dos dereitos laborais” coa normativa dos populares e Deputados participaron en distintas manifestacións

O 20% dos traballadores da Deputación secundaron este xoves a folga xeral en contra da Reforma Labora que, sen consensuar cos Sindicatos, aprobou o Goberno Central do Partido Popular. Son unhas 100 persoas que prestan servizo nos órganos dependentes da institución provincial (Pazo de San Marcos, INLUDES, SUPLUSA e Fundación TIC). Esta porcentaxe é moi superior a acadada noutras convocatorias. E é que o 1,7% do persoal provincial se sumou á folga do 27 de xaneiro de 2011, é dicir, uns 9 traballadores. O 29 de xaneiro de 2010, fíxoo un 6,8%, 34 persoas.

Co fin de garantir o dereito a facer folga, así como as prestacións esenciais da institución, a Deputación acordou con todos os representantes das organizacións Sindicais (UXT, CC.OO, CIG e CIS-F), Xunta de Persoal e Comité de Empresa servizos mínimos do 4,8%, que representa a 25 traballadores. Polo que se refire ó Goberno Provincial, todos os Deputados do PSdeG e BNG secundaron a folga, permanecendo á fronte do Executivo o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, como máximo mandatario do organismo lugués. Deste xeito, o Deputado de Cooperación cos Concellos, Juan José Díaz Valiño, así como o Deputado friolés Álvaro Santos participaron na manifestación que tivo lugar na capital luguesa e que, ás 12:00 horas, partiu dos locais sindicais ata chegar ás dependencias da Subdelegación do Goberno en Lugo. Na Mariña, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val Alonso, sumáronse á concentración de Burela.

Na Escola de Imaxe de Son e a hora do recreo, 30 alumnos concentráronse para gardar un minuto de silencio como mostra de repulsa ante a “defunción dos dereitos dos traballadores coa Reforma Laboral”. A normativa dos populares inclúe medidas como despedir sen causa xustificada a unha persoa que leve 20 anos con contrato indefinido e cunha indemnización de 20 días por ano; baixar o salario e cambiar as condicións laborais alegando razóns económicas, técnicas, organizativas ou de producción; imposición dos empresarios das horas extras nos contratos a tempo parcial; condicionamento do dereito á xornada reducida por coidado de familiares; ou limitar o permiso de lactancia.

Remitido

Divergencia de cifras sobre el seguimiento de la huelga en Galicia
La Xunta cifra en un 35% el seguimiento entre los funcionarios y los sindicatos elevan la participación al 90%

La Consellería de Presidencia subraya que los servicios mínimos se están cumpliendo “en su totalidad”

A CORUÑA, 29 Mar. (EUROPA PRESS) –

La Xunta de Galicia ha cifrado en un 35% el seguimiento de la huelga en la Administración autonómica y sus organismos dependientes, según informa en un comunicado la Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con datos a las 10.00 horas. Asimismo, añade que los servicios mínimos se están cumpliendo “en su totalidad” y destaca la ausencia de incidentes.(…)

Exit mobile version