Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo editou cinco mil exemplares dun plano e guía do concello con información turística e datos de interese

Nota de prensa

O Concello presenta o plano guía do municipio que inclúe información turística e rueiros das zonas urbanas
-A administración cervense editou 5.000 exemplares que se distribuirán polo municipio, a comarca da Mariña e a provincia de Lugo

-O documento axudará ao viaxeiro a percorrer o municipio e pretende ser un convite para coñecer con detalle a súa riqueza

Cervo, 24 de marzo de 2012-O Concello de Cervo, a través da Concellería de Turismo, presentou hoxe o novo plano guía do municipio, un documento de apoio para o viaxeiro que ofrece todos os recursos necesarios para percorrer o territorio cervense e coñecelo en profundidade, como información turística localizada sobre o mapa, rueiros das dúas vilas urbanas do concello, así como outros datos de interese como as festas locais ou a axenda telefónica de servizos.

Un documento que pretende ser unha “invitación” a que veciños, visitantes e turistas “se acerquen a conocer nuestro municipio en cualquier época del año”, explica e edil de Turismo, Begoña Alonso. De feito, coa divulgación de todo o conxunto de atractivos cos que conta o municipio, tanto no interior como na costa, preténdese contribuír a “desestacionalizar el turismo”, engade Alonso. Pero ademais,o plano guía pretende ser unha acción que “beneficie al municipio, especialmente a todas las personas que viven del turismo, un sector estratégico en el territorio cervense y que merece nuestro apoyo” explica a edil.

A administración local editou 5.000 exemplares deste plano guía que a semana que vén comezarán a ser distribuídos polas oficinas de turismo dos concellos mariñáns e da provincia de Lugo. Tamén estará dispoñible no punto de información turística de San Ciprián, no Centro de Iniciativas Turísticas e na Casa da Cultura da mesma vila. Un documento que se estreará nun escenario de luxo como é o Encontro de Palilleiras, onde se distribuirá entre as persoas participantes.

Este plano guía está estruturado en dúas caras, deseño que permite dispoñer de todos os datos nun mesmo documento. Por unha banda atópanse os rueiros das dúas vilas urbanas do municipio, nos que se detallan en texto e en imaxe todos os lugares de interese que se poden visitar en Cervo e en San Ciprián, así como no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. Ademais, os puntos turísticos están situados sobre o mapa para facilitar ao viaxeiro a súa localización. Un rueiro que tamén ofrece outras informacións de interese, como os datos de contacto dos establecementos hostaleiros do municipio ou a axenda telefónica de servizos.

Ao outro lado do plano guía atópase a información que permite afondar na riqueza histórica, paisaxística, gastronómica, cultural, artesanal, patrimonial ou industrial do concello. Trátase de ofrecer ao viaxeiro unha contextualización completa para que entenda e coñeza detalladamente o municipio e a contorna na que se atopa. Ademais de introducir ao viaxeiro no concello cervense, disporá de información sobre as festas patronais, populares e gastronómicas, os horarios dos museos, ou as tradicións máis arraigadas. “Pretendemos que este plano guía tenga un efecto llamada y consiga atraer a más visitantes”, explica a edil de Turismo, “y al mismo tiempo anime a los vecinos a conocer mejor su ayuntamiento”, remata Alonso.

Exit mobile version