Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo mellora a seguridade do paseo peonil entre a praia Rueta e A Marosa

Nota de prensa:

Cervo mellora a seguridade do paseo peonil entre a praia Rueta e A Marosa

-O Servizo Provincial de Costas, a petición do Concello, sinalizou as beirarrúas deste paseo prohibindo a circulación de bicicletas

-Esta actuación responde a unha demanda dos veciños para que os ciclistas respecten a senda peonil

Cervo, 8 de marzo de 2012.-O Concello de Cervo anunciou hoxe que o paseo peonil que discorre entre a praia Rueta e A Marosa, no límite co concello de Burela, xa conta con sinalización horizontal que prohibe a circulación de bicicletas así como de vehículos a motor. Os sinais consisten nunhas pintadas sobre as beirarrúas coas que se advirte especialmente aos ciclistas de que se trata dun paseo exclusivo para peóns. Esta actuación foi executada polo Servizo Provincial de Costas a petición do Concello despois de que varios veciños lle trasladaran ao goberno local as súas queixas pola circulación de bicicletas por esta senda peonil.

Esta mesma mañá o edil de Seguridade, José Ramón Soto, achegouse ata a zona na que se levou a cabo a sinalización para comprobar a finalización dos traballos. Dende o executivo cervense pretenden “garantir a seguridade dos peóns que camiñan por este paseo avisando aos ciclistas de que se trata dunha zona pola que no poden circular” explica Soto.

Exit mobile version