Nota de prensa
Cervo prepara a IV Ruta do Poldro que terá lugar o 1 de abril ao longo de 20 quilómetros
-A actividade inclúe un avituallamento a medio camiño e unha comida en O Guioncho
-A ruta discorrerá por O Guioncho, Gondrás, Castelo, A Senra, Viladesuso, San Ciprián e Lieiro
-O prazo de inscrición está aberto ata o 28 de marzo
O prazo para apuntarse na ruta está aberto ata o 28 de marzo e para inscribirse deben poñerse en contacto coa asociación Cabaleiros do Xunco. O prezo, de 20 euros, inclúe un avituallamento na metade do camiño, concretamente no campo de fútbol de A Bidueira, e unha comida ao remate da ruta. En canto ao percorrido, os xinetes sairán ás 9:30 horas dende O Guioncho e pasarán por Gondrás, Castelo, A Senra, Viladesuso, San Ciprián e Lieiro para rematar de novo en O Guioncho.
A organización agarda unha boa acollida desta IV Ruta do Poldro que o ano pasado reuniu a unhas 60 persoas procedentes de distintos puntos de Galicia e Asturias. “É unha moi boa ocasión para atoparse con outros xinetes, gozar dun paseo agradable e coñecer os distintos recunchos do municipio cervense dende a perspectiva que da ir a cabalo” asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.