Site icon Crónica3.com A Mariña

Concluiu o curso sobre mermeladas e conservas organizado polo Banco de Tempo en Burela

Concluiu o curso sobre mermeladas e conservas que se veu celebrando nas últimas semanas en Burela. Foi organizado polo Banco de Tempo do Concello en colaboracion coa Asociación de Amas de Casa. Como remate do curso os produtos elaborados foron sorteados entre as asistentes. Desde o Banco de Tempo a súa coordinadora Pilar Prieto amósase moi satisfeita da acollida que tivo este curso e do seu desenvolvemento.

Exit mobile version