Site icon Crónica3.com A Mariña

Crise de valores: dereito a folga ou dereito ao traballo?

Crise de valores: dereito a folga ou dereito ao traballo?

A Constitución Española establece no artigo 28.2 o dereito de folga como un dereito fundamental. Di este artigo que se recoñece o dereito a folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses.

Si o recoñece a Constitución, non vou a ser eu a que o cuestione!!!, si ben, creo que debe reflexionarse sobre a oportunidade desta folga, polo de pronto, parece precipitada, posto que si é certo que o BOE publicou o 11 de febreiro o Real Decreto 3/2012 de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral e está en vigor, esta vai ser tramitada como lei no Congreso dos Deputados, polo tanto, os sindicatos, cós que se mantiveron máis de corenta reunións, a través dos seus partidos políticos afíns, están a tempo de facer as achegas que consideren oportunas e que poidan contribuír a mellorar o texto inicial.

Non será que é unha folga política??? Pois claro que é unha folga política, por que os que estiveron mudos durante anos, agora teñen presas e non son quen de dar nin os cen días de cortesía que parece lóxico dar a un goberno trala súa toma de posesión. Mira que teñen presa que se manifestan incluso antes de que exista un texto definitivo da lei de reforma laboral!!!!

Cando había un goberno inactivo, incapaz de xestionar, que esperou a crise de brazos cruzados, o Partido Popular estivo a altura das circunstancias, e ante unha reforma laboral “inútil” a priori, e despois tamén, abstívose no Congreso para non deteriorar a imaxe exterior da nosa nación.

Daquela os socialistas dicían que non apoiaban a folga por que consideraban que era responsable facer reformas, agora ante unha reforma acorde as necesidades que demanda o país, flexibilidade para os empresarios e seguridade para os traballadores, incitan aos cidadáns a ir a folga, nun momento en que o país non está para afrontar os custos que un paro xeral conleva.

Pero eu pregúntome se os que convocan e apoian esta folga, teñen en mente aos parados. A Constitución tamén recolle no seu artigo 35 o dereito ao traballo. Durante oito anos non se tivo en conta este dereito, e agora que se toman medidas encamiñadas a combater o paro protestan.

Só agardo que nun estado democrático como o noso, permitan o vindeiro xoves, acudir a traballar a aqueles que o queren facer libremente e que son acordes a realidade que vive este país.

María Emma Alvarez Chao

Deputada Autonómica

Exit mobile version