DUAS PRATAS E UN BRONCE COLLEITARON OS ATLETAS DO
C.D.EGOVARROS-VIVEIRO NO
CAMPEONATO DE ESPAÑA DE PISTA CUBERTA DE VETERÁNS
O pasado fin de semana celebrouse en Zaragoza o Campeonato de España de Pista Cuberta de Veteráns batíndose o record de participación con máis de 1600 atletas, o clube vivariense desprazou nove atletas que acadaron duas pratas e un bronce.
Na categoría de M75 o atleta Enrique Río acadou prata nos 400 ml e bronce nos 800 ml, o seu compañeiro de equipo Antonio Cabana fíxose coa medalla de prata na proba de 1500 ml, sendo 5º clasificado nos 800 ml. Destacar tamén a Emilio toral que acadou outro quinto posto nos 800 ml.
No apartado femenino destacar a Manuela Guisasola que se clasificou para a final dos 60 ml acadando o 6º posto, na proba dos 800 ml estivo a piques de subir ó podium quedándose na cuarta posición. A súa compañeira Francisca Romasanta acadou dous cuartos postos nas probas de 400ml e 1500 ml e Begoña de Arriba rematou os 1500 ml na quinta posición.
Os atletas do clube vivariense demostraron unha vez máis o seu bo nivel nun campeonato de España cunha masiva participación e no que se lograron batir varios records de España.