Dúas vitorias e unha derrota son a bagaxe deste fin de semana para o fútbol base do C.D.Foz. Asi os INFANTIS voltaron a senda do triunfo despois da dolorosa derrota do fin de semana pasada, e gañaron na cidade do Landro a E.F.Viveiro por 1-5, e seguen no alto da taboa empatados a puntos co Vilalbés.Pola sua parte os CADETES tamén gañaron no Muniipal de Malates o Polvorin por 4-0 e seguen no segundo posto da clasificación que lle da dereito a xogar a fase de ascenso a Liga Galega.Os que volveron a caer derrotados foron os XUVENIS, que non acaban de reconducir o seu rumbo, e perderon esta vez en Viveiro ante o Praia de Covas pola minima 2-1. Sorte para a vindeira xornada e sempre Aupa Foz Aupa