Site icon Crónica3.com A Mariña

En peligro a liga de fútbol sala do Val por falta de auga quente no pabillón de Alfoz, explia o BNG

Nota de prensa

“En peligro a liga de fútbol sala do Val por falta de auga quente”

Dende fai varias semanas estase celebrando unha liga de futbol sala en común entre os concellos de Alfoz e Valadouro, organizada por xente de ambos concellos. Celébrase unha xornada no pabellón de cada concello de forma alterna.

Cando o xornada toca no pabellón de Alfoz, como pasou este sábado, existen contínuos problemas, dende o precario estado de limpieza no que se atopan as instalacións, incluso encontrandose ratas, e tamén coa ausencia de auga quente para ducharse, algo que ocasiona contínuas queixas, chegando incluso algún equipo a amenar con negarse a xogar si se continuaba a xogar en Alfoz, xa que o habitual e que despois de xogar nunca se teña auga quente para ducharse.

Dende o Bng parécenos lamentable a situación de precariedade na que ten o alcalde as instalacions deportivas do concello, xa se lle avisou no anterior pleno cal era a situación, que se tiñan encontrado ratas e que os acumuladores de auga non estaban operativos, algo que se leva repetindo dende fai semanas, e algo que sufreu novamente todos os rapaces este fin de semana.

Temos un alcalde cun soldo abusivo que non fai nada, despois de avisalo reiteradamente da situación, todo continúa igual, os rapaces vense obrigados a ducharse con auga fría en pleno inverno despois de practicar deporte.

Temos xente que se está molestando en dinamizar a vida do concello organizando desinteresadamente a liga de fútbol sala, e dende o concello non lles poñen máis que trabas, chegando a situación de que a xente se empeza a negar a xogar en Alfoz pola situación das instalacións.

Dende fai máis de dous meses, o alcalde non foi capaz de solucinar o problema e que os rapaces teñan auga quente para ducharse.

Exit mobile version