Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecogaleguista apoia á xornada de mobilización xeral do 29 de marzo

Nota de prensa

ESPAZO ECOGALEGUISTA VALORA POSITIVAMENTE A UNIDADE
SINDICAL PARA A FOLGA XERAL DO 29-M

Os Ecogaleguistas pensan que debe formar parte dunha estratexia máis
a longo alcance en contra dos recortes sociais e a favor do ben común

Espazo Ecogaleguista. 10 marzo 2012
Coincidindo co día da clase obreira galega, o Espazo Ecogaleguista amosa o seu apoio á
xornada de mobilización xeral que se vai celebrar o próximo xoves 29 de marzo.
Inseridos como estamos nunha crise sistémica de envergadura, a folga xeral é un
instrumento político fundamental para deter o recorte de dereitos sociais dos e das
traballadoras e tamén para defender o ben común.
Non se trata pois dunha xornada de mobilización corporativa, senón que afecta a toda
a cidadanía por canto están en xogo non só os dereitos á negociación colectiva ou o
emprego, senón as conquistas sociais de varias xeracións.
Unha folga xeral adquire pleno sentido no marco dunha estratexia de cambio clara,
polo que é necesario ampliar a base de apoio á mesma implicando a tódolos sectores
sociais afectados e comezando a levar a cabo novas actuacións e posicións de
resistencia por parte d@s traballador@s no ámbito europeo.
Ecogaleguistas consideramos que debe avanzarse na unidade de acción alcanzada
nesta ocasión e poñela ao servizo dunha estratexia global que incorpore a toda a
cidadanía e que, xeograficamente, se despregue en toda a Unión Europea. Porque o
goberno de Rajoy e de Feijoo están sometendo as súas responsabilidades como
gobernantes ós intereses e ás políticas ditadas desde entes políticos superiores
gobernados polos grandes oligopolios europeos e mundiais.
Por outra banda, esta situación de recorte debe servir tamén para avanzar na
construción dun espazo amplo da esquerda nacional que teña a capacidade de
influencia, e a posibilidade de alternativas reais que rematen coa hexemonía da
dereita, modificando a situación actual de falla de oposición real.

Exit mobile version