Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 60 xinetes participarán na IV Ruta do Poldro en Cervo

Máis de 60 xinetes participarán na IV Ruta do Poldro que terá lugar este domingo en Cervo

-Os asistentes compartirán un xantar en O Guioncho ao remate do percorrido

-Este evento consolídase como un encontro entre xinetes que comparten a súa afección polos cabalos

Cervo, 31 de marzo de 2012-Máis de 60 persoas cabalgarán este domingo polos camiños de Cervo. Son os xinetes que participarán na IV Ruta do Poldro, unha actividade non competitiva que organiza a asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo e que terá lugar este domingo ao longo dun percorrido duns 20 quilómetros que discorre na súa maioría por pistas rurais do municipio.

A meirande parte dos participantes convertéronse xa en habituais desta cita e repiten ano tras ano procedentes de distintos concellos da Mariña e de diversos puntos de Galicia. A ruta inclúe ademais un avituallamento no medio de camiño e unha comida final en O Guioncho, onde todos os xinetes se reunirán para coller forzas e compartir as sensacións da ruta. Ao remate recibirán tamén un detalle por parte da organización.

O punto de partida é O Guioncho, de onde sairán os xinetes ás 9:30 horas. O percorrido continuará por Gondrás, Castelo, A Senra, Viladesuso, San Ciprián e Lieiro para rematar de novo en O Guioncho. O rexedor cervense, Alfonso Villares asegura que esta ruta “é unha cita que se vai consolidando como un encontro de xinetes que se xuntan para pasar ao día ao aire libre gozando da compaña doutras persoas coas que comparten a afección polos cabalos”.

Remitido

Exit mobile version