Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición “Atrapados nas viñetas” no IES Perdouro de Burela

Nota de prensa

Exposición “Atrapados nas viñetas”
Dentro dos IV Encontros de Banda Deseñada na Mariña que se veñen
desenvolvendo dende o mes de xaneiro, inauguramos hoxe mércores no I.E.S.
Perdouro de Burela a exposición “Atrapados nas viñetas”, unha sección xa fixa nas
distintas edicións destes Encontros.
Este ano, como nos anteriores, “Atrapados nas viñetas” visita o noso
Centro e, nesta ocasión, en formato “cartel”. Nos Encontros pasados esta sección
mostrouse nas modalidades de “posterizar” e “recortables”.
Na mostra deste ano pódense ver catorce carteis que representan distintos
personaxes de cómics (Capitán Trueno, Superman, Cruel Thing, i.r.s., Spiderman…),
debuxados polo alumnado do primeiro curso do Ciclo Medio de Perrucaría que,
aproveitando que cursan o módulo de “Dirección Técnico-Artística” no que se
traballa a publicidade como sistema de promoción, se converteron nos publicistas
desta sección dos Encontros.
A exposición, na que os carteis se atopan pendurados da fachada do
Instituto, permanecerá aberta ata o vindeiro mércores día 28, data na que se clausura
esta IV edición dos Encontros de Banda Deseñada na Mariña.
Grupo de Traballo de Banda Deseñada

Exit mobile version