Site icon Crónica3.com A Mariña

Ferreira do Valadouro celebra a VI edición do Mercado Tradicional de Primavera e a IX Ruta de tapeo

Nota de prensa

O vindeiro sábado, 24 de marzo, vai ter lugar en Ferreira de O Valadouro unha nova edición do mercado tradicional de primavera que este ano chega a súa sexta edición. Recortdamos que antaño, o 25 de marzo ó igual que o 8 de setembro e o 2 de febreiro eran os tres mercados mais grandes que se celebraban na contorna facendose a vila de Ferreira nun punto de refencia nesas datas… como ocnsecuencia dos cambios poboacionais e desprazamentos hacia outros puntos dos veciños á costa ou o interior buscando un futuro “mellor” provocou que estes mercados se foran perdendo. Un deles o do 8 de setembro é o que coincide coas festas patronais e outro, o do 25 de marzo, fai 6 anos que o recuperou con gran exito a asociación cultural deportiva Valadouro e que desde fai cinco edicións organiza o concello. Cabe destacar, o conxunto global da actividade que se desenvolve durante toda a xornada… pero de espacial relevancia e que debido ó seu éxito se repiten máis ocasións ó longo do ano son as rutas de tapeo na que numeresos veciños de toda a comarca se achegan ata o Valadouro para deleitarse desas magnificas tapas que de balde sirven tan ben os nosos hostaleiros e que nesta ocasión chega á IX etapa.

Deste xeito, a VI edición do mercado tradicional de primavera vai a estar aberto ó publico a partir das 10 da mañá para todos os veciños e visitantes que se queiran chegar ata a carpa habilitada no parque Concepción Arenal de Ferreira. Ali atoparemos produtos do val e da mariña, como carne, doces, pan, mel… cesteiros, zoqueiros, … tallistas, …
As doce e media o grupo de baile de Amado lar vai a facer unha pequena exhibicón de baile co grupo de infantis e de adultos diante da carpa e deseguido fai a facer un pasarrúas polos locales hostaleiros para abrir o apetito e deste comezar a IX ruta de tapeo polos loclaes hostaleiros de Ferreira.
Facemos un alto no camiño e ás 17:00 preto da carpa vamos a contar con hinchables, animación, talleres,… paseo en poni, e un taller de xogos tradicionais de O Cadaval de Castro de Rei para que disfrutemos, recordemos e aprendamos os que non os coñecimos estes xogos. Toda unha tarde pasar en familia en Ferreira de O Valadouro descubrindo novas experiencias e tamén como non, formándonos un pouco máis sobre os xogos tradicinais e ademáis, o máis importante nunha época de crise como na que nos atopamos mergullados nesta etapa, todo de balde.
Empatando a xornada e finalizando a actividade exterior vamos a ter tamén no recinto anexo á carpa a preesentación oficial dos xinetes e dos cabalos de APREVAL 2012 que tantos e tantos premios e éxitos están acarreando para o Valadouro. Esta proposta vai a ser a esod as 20:00 horas.
Rematamos a xornada coa IX ruta de tapeo de O valadouro polos doce locales hostaleiros de Ferreira que nos van a deleitar polo menos con duas tapas de balde cada un polo menos. A segunda nota musical da xornada, van a constituila varios grupos de cantos de taberna que van amenizar a noite nos distintos locales da ruta. Deste xeito intentamos recuperar un dos costumes de cando os homes ian ás tabernas e entre cunca e cunca cantaban para animar a noite. Sen máis, convidar a todos os veciños e visitantes para que se animen a achegarse ata O Valadouro nunha xornada que temos actividades para todos os gustos e e todos públicos totalmente de balde e que, seguramente, non van a esquecer.

Exit mobile version