Esta folga tivo que ser convocada despois de que o goberno lexítimamente elexido nas urnas o pasado 20 de Novembro, pensase que esas eleccións supoñían un cheque en branco para facer o que lle veña en gana, e unha vez máis demostrase que non pode ser así. Esta reforma laboral é o ataque máis importante que se lle da ós dereitos laborales en toda a democracia, e incluso nalgúns puntos, supera ás regras de relacións laborais que tiña o dictador.
Entre todos temos que velar porque os patróns respeten o dereito á folga que recolle a constitución, e impedir que se amedrente e coaccione ós traballadores que libremente decidan ir á folga, que estou convencido de que vai a ser a inmensa maioría da clase traballadora.
Esta reforma laboral pon en mans do patrón facer do traballador un escravo, e o tempo da escravitude fai moito tempo que se acabou neste país, ainda que moitos se empeñen en volver a tempos pasados dos que parece que teñen gratos recordos.
O día 29 a clase traballadora vai a decir NON, NON a que se pisoteen os nosos dereitos, NON a que se nos culpe da crise, NON á especulación, NON ás políticas regresivas que se están a aplicar e NON a que os gobernos se crean lexitimados a facer o que lles veña en gana sin negocialo coas partes implicadas.
Xa está ben, necesítanse políticas que reactiven o consumo, que se invirta en obra pública para xerar postos de traballo, que vivan ben catro a conta do resto, que se meta en vereda á banca e ós especuladores que son os grandes culpables da situación que estamos a vivir e que os gobernos gobernen os seus paises e que ninguén teña que decirlle como teñen que facerse as cousas.
¿Qué dereitos temos pensado deixarlle ás novas xeracións?.
Ramiro Fernández Rey