Site icon Crónica3.com A Mariña

ForGa ten unha web para comunicar presións que podan exercer empresas contra traballadores o día da folga

A forGA dispón na súa web dun formulario para denunciar as empresas que presionan aos seus traballadores

Nota de prensa

Na web da forGA está dispoñíbel un formulario para denunciar as empresas que presionan aos seus traballadores e traballadoras para que non poidan exercer o seu dereito á folga.

Mediante este formulario podes deixar constancia das presións, coaccións, ameazas e advertencias que as empresas exerzan para que non se secunde a folga xeral do 29 de marzo.

Este formulario, totalmente anónimo, está deseñado para recoller tanto denuncias de afectados e afectadas, como de calquera persoa que sexa coñecedora dalgún caso de manipulación e presión patronal, co obxecto de que non se saia á rúa en defensa dos seus dereitos o 29 de marzo.

Con todas as denuncias que se reciban farase un informe dirixido ao Parlamento de Galiza e aos Parlamentos do Estado e Europeo, así como ao Valedor do Povo.

Formulario de denuncia

Exit mobile version