Site icon Crónica3.com A Mariña

Gallardón asoma a patiña

GALLARDÓN ASOMA A PATIÑA

Fágome algunhas preguntas en torno á polémica suscitada pola intervención de Gallardón esta semana no Congreso. É que non existe unha presión brutal dalgúns pais para non pasar a vergoña de que a súa filla quede preñada? Antes as familias de ben levábanas a Londres a abortar. É que non hai mulleres que se ven abocadas ao aborto por unha situación laboral, por non perder o seu emprego, por unha situación de pobreza e a imposibilidade de sacar un fillo adiante? Neste caso antes a única solución era un mal casamento apurado ou deixar o pobo e a vila para ir a traballar a cidade e despois moitas acababan como acababan. Non é violencia estrutural que a maioría dos pais fortuítos abandonan as mulleres e as obrigan á marxinalidade ou a tomar a decisión de abortar? Como moi ben proclaman as feministas ningunha muller desexa abortar. Por que aborta? Por vontade propia, Por libre decisión de quitarse de enriba o asunto simplemente porque non é o momento de ser nai? Non é este un mundo de presións estruturais sobre a muller teña ou non teña embarazada? Non debe protexer o Goberno á que quere abortar e á que non quere?

O ministro camaleónico que pasaba ata fai pouco como o mais progresista do partido da gaivota empeza a asomar a súa “patiña” polo fachinelo da dereita mais retrograda e vai levar a cabo esta reforma da lei do aborto para atender os seus compromisos cos sectores que representan ao fundamentalísmo en España, mediante a imposición ao estado de dereito dunha moral relixiosa que ten ás súas costas a sistemática oposición aos dereitos das mulleres.

Á moita esquerda “tontolava” en xeral, e a os parvos de sempre en particular, púxoos dos nervios que o rostro máis centrista do PP se atrevese co aborto.

Gallardón foi cualificado durante anos como “o máis moderado”, alguén que se presentou a si mesmo “como expoñente de modernidade e cosmopolitismo”. E non obstante, agora atrévese con algo tan involucionista como a reforma desta lei, que por certo e idéntica a que existe en Francia, Alemania, holanda, Dinamarca, Suecia, Finlandia, Inglaterra, Suiza e moitos mais países da Europa culta e democrática onde non andan aínda os políticos con incensario e isopo.

Todo este pretendido viraxe a dereita de Gallardon no meu pobo, e quizabes no seu tamén chamase ser CHAQUETEIRO.

Gallardón sempre me pareceu un tipo perigoso, hipócrita e capaz de calquera cousa para conseguir o seu único obxectivo: poder.

Dos iluminados, librádeme vos que dos outros xa me libro eu.

Saude, iluminados, cínicos, hipócritas e malos alcaldes.

Otero Regal

Exit mobile version