Garantir o Estado de Benestar
A moción pedía, por un lado, a colaboración da Deputación para repartir peixe procedente dos comisos por centros benéficos da provincia, labor que se fai dende hai tempo, non só exclusivamente entre as entidades benéficas dos Concellos do litoral como, en mostra do seu absoluto descoñecemento, afirmaba o Deputado popular, senón tamén en municipios do interior lugués, procedentes de comisos en peixerías, restaurantes……Por este motivo, e tendo en conta que o organismo provincial non ten competencias pesqueiras xa que estas correspóndenlle á Xunta de Galicia, ó tempo que tampouco posúe transporte cualificado para a distribución deste produto en condicións sanitarias (vehículos isotermos), o Goberno Provincial non apoiou esta cuestión.
Pero nunha segunda parte da moción, e rozando xa o esperpento, o PP solicitaba o apoio da Deputación para repartir os descartes en centros benéficos. Cómpre explicar que os descartes son todas aquelas especies accesorias que, por un motivo ou outro, non se poden descargar, ben porque a súa talla non é comercial, ben porque o barco que pesca non está autorizado para a súa captura ou porque a especie en cuestión está sometida a algún plan de recuperación. Por este motivo, preguntámonos, ¿como quere o Partido Popular que un navío descargue especies deste tipo, é dicir, sen talla ou fóra da cuota, sen infrinxir a lei e ser sancionado? ou ¿e que o Partido Popular vai a perdir ó servizo de Gardacosta e ós inspectores Comunitarios que fagan a vista gorda?.
Ante a evidente falta de respostas, a postura do Goberno Provincial a esta nova ocurrencia dos populares é un acto de responsabilidade política e de claro cumprimento da normativa da Unión Europea. Señores, o que si é “deshonro” e “infame” é que o Partido Popular xogue e tente manipular á cidadanía, empregando, sen escrúpulos, e máis coa preocupante crise que estamos a sufrir, uns servizos que son o único sustento para centos familias no país.
Se verdadeiramente ó Partido Popular de Lugo lle interesan ás prestacións nas cociñas económicas ou nos comedores sociais o que ten que facer, en vez que presentar mocións que rozan o surrealismo, e esixirlle á Xunta, administración que dirixe o seu grupo político, que deixe recortar servizos públicos e que dote a estes centros de recursos económicos para, por exemplo, mercar peixe. Señores do PP, os Gobernos deben garantir o Estado do Benestar e non tratar de instaurar o Estado da Beneficencia.
José Ramón Val Alonso