Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes de Viveiro rexeita a reclamación de locais por parte do goberno central ao concello

Nota de prensa

Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:
MOCIÓN

REXEITAMENTO Á RECLAMACIÓN DE LOCAIS POR PARTE DO GOBERNO CENTRAL O CONCELLO.-

En días pasados saía nos medios de comunicación a noticia de por parte do Estado, concretamente pola Tesorería Xeral da Seguidade Social, reclamanse ó noso Concello dous edificios e din un xardín, o edificio da anterior comisaría de policía en Pénjamo, o edificio do vello colexio Pedrosa Latas de Celeiro, e unha zona axardinada de Pénjamo, que na actualidade é a praza do barrio, co pertinente cambio de titularidade no castatro. Na actualidade os citados edificios estan ocupados caseque na súa totalidade, o da antigua comisaría polo arquivo xudicial, ademáis de ser a sede de protección civil e varios locais que estan sendo utilizados por varios colectivos veciñais para denvolver as sús actividades. Así tamén os do vello colexio de Celeiro, son a sede de varias asociación e colectivos culturais e deportivos, asi como tamen da asociación de pais e nais do CEIP de Celeiro.

Non imaxinamos o porque destas expropiacións forzosas, pero creemos que algunha explicación terían que dar os veciños e veciñas de Viveiro por parte da administración central. Viveiro, precisamente ten falta de locais e depedencias donde albergar ós colectivos e asociacións, e con este “atraco”, vaise ver mermado.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal do partido Independientes de Viveiro somete á consideración do Pleno da Corporación Municipal a aprobación do seguintes acordo:

1.- Rexeitamento por parte da Corporación Municipal á reclamación do Estado.

2. Solictarlle á Tesorería Xeral da Seguridade Social a revogación do acordo polo que se reclaman o Concello de Viveiro ditos bens.

Exit mobile version