Site icon Crónica3.com A Mariña

Informan en Alfoz da ampliación dos Lugares de Importancia Comunitaria da Rede Natura 2000 en Galicia

Nota de prensa

A Rede Natura 2000 É unha rede de áreas naturais de alto valor ecolóxico a nivel da Unión Europea sobre a conservación dos hábitats naturais, de fauna e de flora silvestre.

O principal obxectivo da Rede Natura é garantir o mantemento ou, si é o caso, o restablecemento dun estado de conservación favorable aos hábitats naturais e especies silvestres de interese comunitario. Ademais, as medidas que tendentes a lograr ese obxectivo deben ter en conta as esixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais. É unha aposta clara pola conservación do territorio e por frear a perda de biodiversidade, la Rede Natura 2000 concilia a conservación co desenvolvemento das actividades socioeconómicas compatibles co medio.

A actual lista de Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) en Galicia, incluídos na Rede Natura 2000 en Galicia, foi considerada como insuficiente por parte da Comisión Europea, polo que é preciso ampliala para así aumentar as zonas de conservación dos hábitats naturais e de fauna e flores silvestres.

En relación coa Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia, que lle afecta, entre outros, ao LIC Serra do Xistral, no que se inclúen parte das parroquias alfocenses de Pereiro e Oiras, o Concello de Alfoz fixou para o próximo martes día 20 de marzo ás 19:30 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz, unha reunión informativa sobre o tema.

O subdirector de Espazos Naturais, D. Rogelio Fernández Díaz; o xefe do servizo de Espazos Naturais de Lugo, Antonio Callejo, e un membro do proxecto de ampliación de la Rede Natura desprazaranse ao concello mariñán para explicarlles aos veciños e veciñas as repercusións que terá a ampliación desta zona de protección ambiental.

A entrada é libre e totalmente gratuíta para todos aqueles que estean interesados en ter más información sobre esta nova protección do territorio.

Exit mobile version