Site icon Crónica3.com A Mariña

Informan en Xove sobre axudas da PAC e da reclamación por danos ocasionadas polo xabarín

Nota de prensa

CHARLA EN XOVE SOBRE AS AXUDAS DA PAC (POLÍTICA AGRARIA COMÚN) PARA ESTE ANO 2012

Do 1 de febreiro ata o 30 de abril está aberto o prazo para solicitar as axudas da PAC para este ano 2012.

Estas axudas foron creadas pola Unión Europea en 1.988, interesada nunha política de desenvolvemento rural, consagrada específicamente ás zonas rurais. Estas zonas representas máis do 80% do territorio da Unión Europea e máis dunha cuarta parte das súa población. Coa PAC, ademáis de por en valor o propio mundo agropecuario dos países da Unión, preténdese resaltar a súa rica diversidade cultural e das tradicións.

Para informar da tramitación das AXUDAS DA PAC e de tódalas novidades que trae este ano, dende a Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes organizouse unha charla informativa para o mañá venres, 9 de marzo, as 20:00 h. (8 da tarde) no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.

Dª Remedios Soto Lorenzo, Xefa de Sección da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, será a encargada de expoñer como se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas neste ano 2012.

Dado o interese fundamental que este tema ten para os nosos agricultores e gandeiros, dende a Concellería faise un chamada a tódalas persoas interesadas a que acudan a esta charla.

______________________________________________________________________

Amáis da información sobre a charla sobre a PAC, lles enviamos un importante aviso para os nosos veciños:

RECLAMACIÓN POR DANOS NAS FINCAS OCASIONADAS POLO XABARÍN

O Departamento de Agricultura é coñecedor dos danos que está a producir o xabarín nas fincas do municipio, ocasionando considerables perdas que repercuten nas explotacións gandeiras. Informamos que poden comunicar os danos chamando ao número de teléfono 012 da Xunta de Galicia. Un axente de Medio Ambiente pasará polas zonas afectadas para comprobar os danos.

O Departamento de Agricultura do Concello está á disposición de tódolos veciños para axudarlles con todos os trámites a realizar nestes casos.

Exit mobile version