Site icon Crónica3.com A Mariña

Ivi presenta unha moción sobre a construccion do edificio para o CAISS e a Seguridade Social

Nota de prensa

Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:
MOCIÓN

CONSTRUCCION DO EDIFICIO PARA O CAISS A A SEGURIDADE SOCIAL.-

O Concello de Viveiro aprobou en pleno o 24 de Abril de 1997 a cesión dunha parcela de 1400 m2 na Avda Ramon Canosa, contigua o edificio de Correos o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para a construcción dun edificio para a instalación en Viveiro do Centro de Atención e Información da Seguridade Socail (CAISS), e asi como tamén para albergar as intalacións do INSS dado que as existentes destas últimas en Viveiro non era todo o optimas que deberían de ser. No pleno do 7 de Agosto de 1997 e a petición do citado Ministerio modifícase a cesión para a Tesorería Xeral da Seguridade Social. No mes de septembro do mesmo ano, o INSS solicita o Concello certificación rexistral acreditativa do dominio, cargas e gravámenes de dita parcela. No pleno do 19 de decembro do ano seguinte, ou sexa 1998, aprobase por parte da Corporación e a instancias da Subdirección Xeral do Patrimonio, Inversións e obras do Ministerio de traballo a solicitude da renuncia o Ministerio de Medio Ambiente, Dirección Xeral de Costas, a confomidade de renuncia parcial dos terreos que forman parte da concesión C-210, outorgada por Orde Ministerial o día 12 de Xullo de 1988, para a posterior concesión a favor da Tesorería Xeral da Seguridade Social, para a construcción do centro indicado anteriormente. No ano 2004 informábase por parte do goberno de España de que o proxecto estaba en fase de redacción, para un edifico que tería unha superficie útil de 554 m2 e unha plantilla de 5 funcionarios que podería verse incremenatada. No ano 2005 por parte do Concello decidiuse cambiar a ubicación, indicando por parte do goberno central de que non reunia as condicións requeridas para a súa instalación na antigua casa dos maestros. Mas adiante, no 2007 incidíase de novo por parte do goberno central de que para ese ano estaría rematado o proxecto e que para o seguinte, ou sexa 2008 a execución das obras , cunha partida presupuestaria de 800.000 euros, para a ubicación en Lodeiro. Apesares do tempo transcurrido, caseque 15 anos e despois de moitos dimes e directes, nada se ten feito o respecto e Viveiro segue sin ter dito edificio comarcal.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal do partido Independientes de Viveiro somete á consideración do Pleno da Corporación Municipal a aprobación do seguintes acordo:

1. Envio a maior brevidade posible o Ministerio correspondente, Solicitude da situación do proxecto para a construcción do citado edificio, e se vai ser posible ou non.

2. De non ser posible a súa construcción pola situación económica na que nos atopamos, Solicitar a devolución da parcela para que de novo pase o Concello e destinala o que se considere oportuno.

Exit mobile version