As librerías Kirico vístense de vermello en toda España
Esta guía é o froito dunha coidada selección realizada polos libreiros e libreiras do club Kirico xunto coa especialista Ana Garralón máis o equipo de A Mano Cultura, para ofrecer aos seus lectores un conxunto de libros imprescindibles no seu crecemento lector, pola súa calidade literaria ou polas súas excelentes ilustracións que componen interesantes historias dirixidas a afianzar lectores.
O club kirico é un grupo de 93 librerías infantís asociadas, pertencentes á Confederación Españla de Gremios e Asociacións de Libreiros CEGAL e repartidas polo territorio español, que se agrupan en 2003 coa intención de compartir esforzos na súa tarefa cultural, especialmente centrada na selección de obras infantís e xuvenís para os seus lectores.
Facemos ademáis coincidir a presentación de esta guía coas datas próximas ao día do libro infantil e xuvenil que é o 2 de abril, data do aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen.
Desde a LIBRERÍA BAHIA unímonos á proposta e esperámosvos coma sempre en Avenida da Mariña, 40 en Foz.
Remitido